0
Unha muller de 69 anos perdeu a vida na praia de Lago, no municipio de Camariñas. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 17.30 horas deste xoves e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que unha muller tiña problemas para saír da auga.
A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia e a Protección Civil, pero xa nado puideron facer por salvarlle a vida á muller