Falece unha muller na praia de Lires, en Cee, tras ser rescatada inconsciente do mar

1 minutes read
  • A persoa que alertou ao 112 pasadas as 14:30 horas deste martes informou de que vira ás tres persoas na auga, pero que desapareceran entre a ondada.

Segundo informaba o 112, unha muller faleceu na praia de Lires no concello de Cee na tarde deste martes, mentres que un home e un neno a salvo tras ser rescatados. Os tres foron sacados da auga por varios usuarios do areal e outras persoas que estaban na contorna, segundo confirmou Emerxencias. O home e o neno foron trasladados en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira logo de presentar varios golpes nos seus corpos. Á muller foille practicada a reanimación cardiopulmonar durante un longo período de tempo (primeiro polos bañistas, logo por Protección Civil e, máis tarde, polo persoal sanitario), aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida. No dispositivo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Garda Costas de Galicia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee.