Os membros do GES de Ponteceso indicaron que a zona de onde a sacaron ten moi pouco calado, polo que barallan a posibilidade de que a muller sufrira algunha indisposición previa.
Ao fío da unha da tarde deste domingo, o 112 Galicia tivo noticia do suceso mediante as chamadas de alerta doutros bañistas. Todos coincidían en que a muller, duns 70 anos e con residencia no País Vasco, xa estaba fóra da auga grazas á acción dos socorristas, pero que era necesaria a asistencia médica urxente. Así, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona unha dotación á bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Aínda así, nada puideron facer pola muller e xa non foi necesaria a súa intervención.
Axiña os servizos de emerxencias alí desprazamos sinalaron que a señora falecera, e mesmo barallaban a posibilidade de que sufrira unha indisposición previa, pois trátase dunha zona de pouco calado da Praia de Osmos, en Corme Porto.
Engadiron que nese intre había moita xente no areal, e os socorristas sacaron a persoa moi rápido.
En calquera caso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, co fin de recoller toda a información sobre o suceso.