Falece unha muller nunha colisión frontal en Melide

Segundo informa o 112 Emerxencias Galicia, unha colisión frontal entre dous vehículos no concello de Melide acabou coa vida dunha muller de 99 anos e deixou cinco persoas feridas. O sinistro tivo lugar pasadas as 22:30 horas deste domingo, no punto quilométrico 53 da N-547. Ata o lugar acudiron membros de Protección Civil de Melide, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha dotación de bombeiros de Arzúa. O conductor que conducía o coche onde viaxaba a falecida deu positivo na proba de alcoholemia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha