Unha muller perdeu a vida, na tarde deste sábado, logo de que a moto na que viaxaba como acompañante colisionara cun coche na estrada N-120, ao seu paso polo concello de Ponteareas, en concreto, no punto quilométrico 647.
Varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar deste accidente pasadas as cinco da tarde e, nesas chamadas, indicaban que os motoristas implicados na colisión estaban feridos.
De xeito inmediato, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros e a Protección Civil de Ponteareas.
Ata o punto achegouse tamén a Policía Local do municipio que confirmou que a persoa que ía de acompañante na moto falecera e que o motorista estaba ferido.
Por último, os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que, ademais do condutor da moto, tiveran que trasladar a outras dúas persoas.
