Falece unha muller tras ser alcanzada por un vehículo en Marín

Unha muller de mediana idade faleceu esta mañá despois de ser alcanzada por un vehículo na Rúa Concepción Arenal, en Marín.

Pasados uns minutos das 11 horas, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de veciños que aseguraban ter visto como un vehículo atropelaba a unha muller á altura do número 108 da vía.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

Tamén se pasou aviso aos axentes da Policía Local co fin de coñecer todos os detalles deste suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha