Falece unha percebeira en Porto do Son ao ser arrastrada por un golpe de mar

Conseguiron sacala da auga case de inmediato e foi trasladada nunha planeadora ao porto máis próximo, pero xa sen vida.

Faltaban uns minutos para as dez da mañá deste martes cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de auxilio por unha percebeira que fora arrastrada por un golpe de mar. Estaba a traballar na extracción do molusco entre o Castro de Baroña e o Farito, en Porto do Son.

Por uns instantes, perdérona de vista, pero puideron sacala da auga pouco despois, cuando aínda non houbera tempo suficiente para a mobilización dos recursos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Nunha planeadora, foi conducida ao porto máis próximo para que recibise asistencia médica. Sen embargo, a muller xa falecera.

Moitos dos recursos activados para o seu rescate foron, finalmente, anulados, xa que nada podía facerse por salvarlle a vida. Con todo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a todos os organismos competentes, como Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Related posts

Falece un peón atropelado por un coche que se saíu da estrada en Tomiño

Buscan a un mozo no río Miño logo de caer tras envorcar o kaiac no que viaxaba con outro compañeiro

Falecen un surfista en Oia e unha muller nunha piscina en Catoira