Falece unha persoa ao ser alcanzada por un tren en Lalín

1 minutes read

Unha persoa perdeu a vida ao ser alcanzada por un tren no paso inferior dunha vía de alta velocidade, á altura do lugar da Bouza, na parroquia lalinense de Botos. Segundo confirmou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as seis e media da tarde.

Segundo informou Adif tras alertar os servizos de urxencia, o suceso produciuse nun punto de paso non autorizado. Por mor do accidente, permaneceron cortadas ambas as dúas vías entre A Grandeira e O Irixo.

A interrupción da circulación afectou aos trens Vigo-Madrid Chamartín, Ourense-A Coruña e as súas variantes.

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da persoa. Tamén se requiriu a actuación do GES de Lalín, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?