Falece unha persoa ao ser alcanzada por un tren en Santiago de Compostela

1 minutes read
  • A circulación de convois queda interrompida ata que se restablezan as condicións de seguridade na liña

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Santiago de Compostela despois de ser alcanzada por un tren no punto quilométrico 90,700 da vía férrea en sentido a Vigo. O 112 Galicia tivo coñecemento do sucedido arredor das 18:00 horas a través do persoal de ADIF.

Debido ao impacto a circulación de convois na vía quedou interrompida nos dous sentidos, polo que a actividade será restaurada cando se restablezan as condicións de seguridade na liña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?