Falece unha persoa en Allariz ao bater co seu coche contra un poste e caer por un terraplén

Ambulancia Sergas Galicia

Un accidente nunha rotonda da OU-525 ao seu paso por Allariz deixa unha vítima mortal, un home de 96 anos. O coche foise da vía e impactou contra un poste da luz, acto seguido acabou envorcado nun noiro a varios metros. Cando chegaron os servizos de emerxencias, o ancián xa estaba falecido. Os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do condutor, o único ocupante do vehículo. A Garda Civil de Tráfico investiga o acontecido, se se trata dun accidente orixinado por un despiste ao saír da rotonda ou se previamente sufriu unha indisposición. O falecido era natural de Xunqueira de Ambía. Desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Xinzo e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que non foi precisa a súa intervención. Tamén, os efectivos de Protección Civil acudiron ata o lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Igualmente solicitouse a intervención do persoal da Compañía de electricidade que abastece a zona por mor dos cables que quedaron espallados no lugar debido ao impacto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha