Falece unha persoa en Arzúa atropelada por un camión

1 minutes read

Ao fío das 12:15 horas deste luns, unha persoa particular daba conta dos feitos ao 112 Galicia. Indicaba que unha persoa fora atropelada por un camión e que estaba debaixo do vehículo.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, así como dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, debido á gravidade do suceso, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia, que o helicóptero medicalizado con base en Ourense tamén se desprazaba ata o lugar.

Con todo, unha vez liberada e pese aos intentos de reanimación, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o seu pasamento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?