Falece unha persoa en Meis ao quedar atrapada polo motocultor que manexaba


Un home de avanzada idade faleceu este xoves en Meis nun accidente cun vehículo agrícola, quedou atrapado baixo unha póla e un pequeno motocultor co que estaba traballando nunha leira situada na parroquia de San Lourenzo de Nogueira. Cando chegaron os servizos de urxencias só puideron certificar o seu falecemento.

Unha veciña escoitou a chamada de auxilio do home, logrou chegar ata el e separalo do seu motocultor, pero afirma que só logrou apagar a máquina. Nin ela nin outros catro veciños puideron separar o home do aparello. Tiveron que traer un tractor e arrastrar a póla co vehículo.

Varios particulares alertaron do ocorrido o 112 Galicia, que á súa vez solicitou a intervención do 061, Protección Civil e Garda Civil. A pesar dos esforzos do persoal sanitario, a persoa afectada faleceu no punto.