O accidente sucedeu no quilómetro 37,5, á altura do mosteiro do Couto, pasadas as nove da noite deste domingo. O tren atropelou dous homes que estaban nas inmediacións da vía á altura de Neda, case no límite con Narón. Un deles zafou, pero o outro de 40 anos, faleceu atropelado polo convoi. No lugar hai unha pasarela peonil paralela ao traxecto ferroviario. Os dous homes estaban a pescar e o maquinista non puido velos.
Nada máis recibir o aviso por parte do persoal de Adif, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras chegar ao punto, tan só puideron confirmar o falecemento da persoa. Igualmente, acudiron os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Mugardos, así como tamén foron informados os Bombeiros de Ferrol e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
