Falece unha persoa en Vila de Cruces ao envorcar o seu tractor

Arquivo.

Unha persoa morreu á última hora deste sábado tras envocar o tractor que conducía en Vila de Cruces, no lugar de Vilar. Tal e como informou o 112 Emerxencias Galicia, malia os esforzos realizados os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar do accidente non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tamén interviñeron a Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.