Falece unha persoa nun accidente de tráfico na AC-400, en Santa Comba

Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba foron solicitados polo 112 ás 11:22 horas da mañá deste luns por un accidente de tráfico entre un camión e un 4×4 na AC-400, concretamente á altura do punto quilométrico 49, no concello de Santa Comba. Como resultado do choque faleceu unha persoa, a cal tivo que ser excarcerada. Outra resultou ferida leve. No operativo participaron o 061, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Santa Comba e persoal de mantemento de estradas.

Related posts

Cine, teatro e contacontos: a programación cultural de Cerceda para o mes de xaneiro

A Deputación da Coruña impulsa a creación da Compañía Teatral Galega de Bos Aires

A Deputación da Coruña leva aos institutos da provincia a obra teatral “Papel 2.0” para previr o acoso escolar