Falece unha persoa nunha colisión entre dous vehículos en Trabada

1 minutes read

Unha persoa perdeu a vida nunha colisión na que se viron implicados dous vehículos en Trabada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Barreiros tiveron que excarcerar á vítima mortal, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados. Ademais, no sinistro houbo unha persoa que resultou ferida leve.

Os feitos producíronse na N-640, na parroquia da Ría de Abres, a última hora deste martes. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Pontenova e de Protección Civil da localidade.