Falece unha persoa ao caer dun hórreo en Santiago

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste mércores despois de sufrir unha caída de altura cando traballaba nun hórreo situado na súa vivenda na parroquia da Infesta, en Santiago.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a persoa faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida e malia mobilizar unha ambulancia medicalizada para a rápida evacuación en caso de ser necesario.

Ao lugar do accidente, concretamente no lugar de Frades, tamén se desprazaron os axentes da Policía Nacional co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha