Falece unha persoa que foi rescatada da auga na zona do Palexco, na Coruña

1 minutes read

Varias persoas chamaron ao 112 Galicia tras escoitar os berros de auxilio desde un pantalán situado entre Palexco e o Náutico. Contra as seis da madrugada deste sábado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron en marcha os protocolos de actuación correspondentes para o rescate, no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros da Coruña, ademais dos corpos de seguridade como a Policía Nacional e Local. Unha vez fóra da auga, a persoa implicada recibiu asistencia médica, aínda que sen éxito. Finalmente, faleceu, tal e como confirmaron os profesionais sanitarios.