0
Ao fío das 11:30 horas deste domingo, un particular informou ao 112 Galicia dunha persoa que caera dun cabalo nun camiño de terra da parroquia de Tamagos, en Verín. O alertador sinalou que estaba inconsciente.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que tomaron parte Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegaron a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense; a Garda Civil e a Policía Local de Verín.
Os profesionais sanitarios chegaron rapidamente e comprobaron que a persoa entrara en parada cardiorrespiratoria. Practicáronlle manobras de reanimación no punto, mais finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.