Falece unha persoa tras colidir un camión e unha furgoneta en O Páramo

Foto.- Garda Civil.

Unha colisión entre un camión e unha furgoneta saldouse cunha persoa falecida no concello lucense do Páramo. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, que excarceraron á persoa falecida e atrapada no interior do vehículo.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dun accidente entre un camión e unha furgoneta, na CG-2.2, ao redor do punto quilométrico 120, en Moscán. O alertante indicou que podía haber unha persoa atrapada.

Así, con estes datos, o 112 Galicia informou ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico. Así mesmo, requiriuse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha