39
En Vilaboa, Pontevedra, un coche esnafrouse contra a terraza do bar Chancho e feriu catro persoas que estaban no lugar. Dúas delas, acabaron falecendo. O 061 enviou á zona dúas UCIS móbiles e outras dúas ambulancias de soporte básico. Nun primeiro momento, dous pacientes foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Un home de 79 anos e outro de 67. Un terceiro ferido, de 67 anos, foi enviado ao hospital Montecelo. Ao parecer, o condutor perdeu o control do vehículo cando trataba de aparcalo.