Falecen dúas mulleres tras caer por unha ladeira cando facían sendeirismo en Cantabria

Dúas mulleres que realizaban a ruta de sendeiros dos Campanarios no Collado do Asón en Cantabria cun grupo de montaña morreron tras despeñarse por unha abrupta ladeira. As falecidas de 40 e de 50 anos eran de Santander. O 112 recibiu o aviso da caía e mobilizou o helicóptero medicalizado.

Ante a posibilidade de néboas na zona e de que a aeronave non puidera acceder organizouse tamén un dispositivo de rescate por terra, coa participación do Grupo de Montaña da Garda Civil, outro grupo de Potes, bombeiros de Laredo e axentes de Medio Natural do Servizo de Montes de Cantabria. Tras localizar os corpos un helicóptero da Garda Civil procedeu o seu rescate.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha