32
Os feitos sucederon nun edificio situado na rúa Manuel Lago, ao fío das 7:30 horas da mañá deste sábado. Os servizos de emerxencia desaloxaron o edificio como medida preventiva. Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio. Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ourense e da Policía Local e Nacional. Segundo confirmaron os axentes da Policía Nacional ao 112 Galicia, as dúas persoas falecidas atopábanse no piso no que se declarou o lume. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvalas. Agora investíganse as causas que puideron orixinar este incendio.