Falecen dúas persoas en Ourense ao precipitarse desde o alto dunha pasarela da N-120

A policía está investigando a morte de dúas persoas na tarde deste luns en Ourense.
Son unha nai de 70 anos e o seu fillo de 27. Ao parecer, tiráronse á estrada dende a pasarela da estación de autobuses. Un dos corpos caeu sobre un coche, sen que a condutora resultase ferida. O tráfico estivo cortado preto de dúas horas para que se puidesen retirar os cadáveres.

Na pasarela peonil apareceron pertenzas persoais dos dous. Nai e fillo chegaran de Barcelona e levaban uns días hospedados nun hostal de Ourense. Todo indica que podería tratarse de un suicidio, a policía está a traballar para intentar aclarar que foi o que sucedeu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha