Falecen dúas persoas nun accidente laboral nunha planta de reciclaxe da Cañiza

Dúas persoas faleceron este sábado de madrugada nun accidente laboral ocorrido nunha planta de reciclaxe de plásticos na Cañiza. Segundo informa o 061, morreu unha muller de 42 anos e un home de 50.

A ambulancia asistencial e o persoal sanitario do Punto de Atención Continuada do concello trasladáronse ata o lugar pero nada puideron facer para salvarlles a vida.

Un compañeiro das vítimas alertou o 112 sobre as dúas da madrugada. De acordo co seu relato, atopábanse baixo sacos de plástico derretido e de gran peso e non podían moverse polo que sospeitaba que xa faleceran.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha