Falecen mínimo trece persoas nunha festa clandestina en Lima

1 minutes read

Os feitos sucederon no interior dunha discoteca de Lima, no Perú, onde se celebraba unha festa clandestina con 120 persoas que incumpría o toque de queda. A intervención policial provocou unha escorrentada e produciuse unha aglomeración na porta de saída. Houbo esmagamentos e entre a confusión e o caos faleceron polo menos trece persoas. No interior da pista atenderon varias persoas e ducias de feridos, entre elas tres policías. Un total de 23 persoas están detidas mentres se están a realizar as primeiras investigacións. Unha considerable porcentaxe dos participantes na festa estaban contaxiados de covid-19, segundo as probas rápidas practicadas aos detidos.