O suceso tivo lugar na autoestrada AP-9V, á altura de Teis, ao seu paso por Vigo. O vehículo bateu contra o quitamedos e, tras volcar, quedou metido na mediana. As tres persoas que ían nos asentos de atrás faleceron e dúas quedaron feridas e foron trasladadas a un centro hospitalario.
O sinistro produciuse por unha saída de vía do vehículo no que viaxaban os feridos á altura do punto quilométrico 0.500 da citada vía, sobre as 21.25 horas.
O coche circulaba dirección Vigo cando perdeu o control, ao parecer, por un exceso de velocidada, aínda que a investigación segue aberta. Ao lugar desplazáronse efectivos do 061, Bombeiros e a Policía Local.