O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste suceso relacionado co surfista arredor das 11:30 horas. Polo que indicou un particular, había unha persoa desmaiada na auga, a carón da praia de Porto Senín. Con isto, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiu ata a zona co helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se mobilizou o Grupo Acuático do GES da Guarda e a Garda Civil. A persoa foi rescatada da auga por outros surfistas. Pese aos esforzos dos servizos de emerxencias, non se puido evitar o falecemento da vítima.
Suceso nunha piscina en Catoira
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido uns minutos antes das 11:30 horas. Segundo o alertador, había unha muller que podía estar falecida nunha piscina, no lugar de Abalo. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, ao GES de Padrón, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección de Civil de Catoira. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que recibiu o aviso por mor deste incidente, acudiu tamén ata o punto, pero nada se puido facer por salvar a vida da persoa.