Faleceu a muller que fora alcanzada por unha vaca no desfile de gando do San Froilán

Unha vaca que participaba no tradicional percorrido polo centro da cidade de Lugo, o pasado día 5 de outubro, asustouse co barullo e escapou á carreira entre o público sen que o seu dono puidese controlala. O animal alcanzaba a unha muller de 31 anos a que por mor da algarabía, outra vaca tamén a golpeou. Natural de Vilagarcía de Arousa, no momento, foi trasladada en estado grave ao centro hospitalario Lucus Augusti de Lugo, onde pasou catorce días ingresada na UCI e rematou falecendo este domingo.

Related posts

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible