Faleceu Abelardo López, ex mestre do IES Monte Neme de Carballo

1 minutes read

A mala nova corría como a pólvora á primeira hora da tarde deste xoves na capital de Bergantiños. Falecía Abelardo López Reimundez. Lalo, como era popularmente coñecido, exercera de profesor no IES Monte Neme en Carballo, donde viviu preto de 30 anos, era moi querido, afeccionado á pesca e tiña moitas amizades na capital de Bergantiños. De aí fora trasladado ao instituto coruñés de Someso. Na actualidade tiña 67 anos estaba xubilado e residía en Sada, un cancro de pulmón rematou este xoves coa súa vida. Recibirá sepultura no cemiterio de Mondego – Sada- este Venres 28 á unha da tarde. DEP.