Faleceu D. Luis Pastoriza, párroco de Caión

Foto.- Cedida.

D. Luís Pastoriza Abelenda (Coristanco 1.934) era sacerdote desde fai máis de sesenta anos, 42 deles á fronte da parroquia larachesa de Caión, ademais desde hai uns anos tamén levaba as parroquias carballesas de Rebordelos e Noicela, onde era moi apreciado como persoa e como cura. Por desgraza non poderá levar o último adeus como verdadeiramente merecía, por cuestións do confinamento, foi enterrado este Venres Santo na parroquia coristanquesa de Valenza, de onde era orixinario. A Virxe dos Milagros quedouse esta Semana Santa sen un dos seus fieis devotos. D.E. P.