Faleceu Enrique Díaz, exalcalde de Cabana de Bergantiños

0 minutes read

Enrique Díaz Varela, exalcalde de Cabana de Bergantiños, faleceu aos 59 anos de idade. Foi rexedor entre os anos 2000 e 2003. Era natural da parroquía de Cundíns, onde descansará para sempre. O pasado mes de xuño recibiu unha homenaxe por parte dos representantes políticos e traballadores do concello, que recoñeceron os seus 32 anos como edil da corporación municipal formando parte do PSOE, partido polo que fora elixido concelleiro no ano 1987. DEP.