José Rafael Mato Pet (1946, A Trabe) foi durante varios anos ex voceiro do PSdeG-PSOE de Ponteceso, e desde febreiro do ano 2018, era membro do comité provincial así como secretario xeral da formación no mesmo municipio.
O seu corpo está sendo velado no tanatorio Servisa, en A Coruña, e mañá o enterro terá lugar en Ponteceso.
UN FALECIDO EN CARBALLO Un home perdeu a vida esta tarde en Carballo ao precipitarse por unha zona montañosa próxima ao lugar de Oza da Estrada.
Os feitos ocorreron ao fío das 16:45 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dunha persoa que caera no monte, concretamente na parroquia de Oza.
Ata o lugar do suceso achegouse un helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero nada puideron facer nada os sanitarios por salvarlle a vida.