Faleceu o mestre Luis Cancela Vecino, ex-alcalde de Malpica

Luis Cancela Vecino_BNG Malpica

Luis Cancela Vecino tiña 74 anos, exerceu como profesor no IES Monte Neme de Carballo, ademais foi alcalde de Malpica polo BNG entre os anos 1979 e 1991, así como ex-Presidente da Mancomunidade de Concellos de Bergantiños. Os seus restos foron velados na sala número 3 do Tanatorio San Antonio de Carballo. As nove da mañá deste mércores houbo unha misa pola súa ánima na Capela do Tanatorio e acto seguido o seu corpo foi incinerado na intimidade familiar. Todos os grupos políticos expresaron a través das redes sociais a súa dor pola perda dun “bo e xeneroso”, cualificativos empregados por todos os grupos municipais. Tamén coincidiron en definilo como un “bo mestre, bo político e mellor persoa”. O alcalde, Eduardo Parga, lembrou que “cando ue era un neno instalou o primeiro alumeado público”, pero tamén asegurou que “deixou moitas máis cousas boas para o Concello de Malpica”.