Faleceu Tina Turner á idade de 83 anos

A cantante de orixe estadounidense, nacionalizada suíza, faleceu tras unha longa enfermidade. O mundo perde a unha lenda do Rock an Roll, á raíña Tina Turner. Faleceu este martes aos 83 anos na súa casa de Küsnacht, en Suíza, segundo informou o seu representante.  Sufría un cancro intestinal tras unha vida marcada polo abandono e os malos tratos do seu exmarido. A imparable superestrella foi mundialmente coñecida por éxitos como What’s Love Got to Do with It e The Best. Retirouse da música en 2009, cando tiña 70 anos, deixando atrás medio século de legado musical. Vendeu máis de 200 millóns de discos que axuntaron os seus 22 álbums.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha