Familiares das vítimas do accidente do Alvia en Angrois piden unha investigación independente

0 minutes read
Imaxe da manifestación do 8º aniversario.

No oitavo aniversario do accidente do tren Alvia na parroquia de Angrois (Santiago de Compostela), que deixou 80 mortos e máis de 140 feridos, a Plataforma Vítimas Alvia 04155 concentrouse no lugar da traxedia para esixir «xustiza e verdade». A manifestación comezou este sábado ás 11:30 horas na estación de ferrocarril de Santiago e percorreron as rúas da capital de Galicia entre consignas como «Blanco, Pastor, nunca deixaredes de oir a nosa voz». Seguen pedindo xustiza e unha investigación independente.