Familiares dos pacientes do CHUAC reciben información en tempo real a través do móbil

1 minutes read

Trátase dunha ferramenta semellante á que xa utilizan a nivel interno os profesionais do servizo de Urxencias do complexo hospitalario da Coruña. Unha información valiosa que agora permitirá reducir o estrés emocional das familias que agardan novas desde a casa. Non necesitan instalar ningunha aplicación no teléfono móbil. Cando o paciente entra en Urxencias recibe un código QR, os familiares porán o código na cámara do telefóno e accederán a unha páxina web cos datos do seu familiar, que son anónimos. No CHUAC tamén traballan para habilitar unha sala con pantallas que permitan realizar videochamadas entre os pacientes e os seus familiares.