Reino Unido xa non chamará a máis persoas para saír do aeroporto. Alemaña e España xa puxeron fin á evacuación este venres. Estados Unidos apresúrase coas evacuacións. Teñen que acabar antes do 31 de agosto que ten como data límite de retirada.
O xeneral de División, Hank Taylor e director Adxunto de Operacións Rexionais do Estado Maior de EEUU sinalou: «Segundo o último informe, aínda hai aproximadamente 5.400 persoas no aeroporto á espera de poder ser evacuadas de Afganistán. Temos a capacidade para levarnos a estas persoas fóra de Afganistán no transporte aéreo militar estadounidense ata o último momento».
Segundo fontes sanitarias o atentado deixou medio centenar de feridos graves nos hospitais que poderían incrementar a cifra de falecidos que ascende xa a máis de 180. Estados Unidos confirmou que só se produciu unha explosión e non dúas como se dixo nun principio.