“É unha competencia exclusiva de Galicia, un dereito civil propio e un imposto cedido á Comunidade”, remarcou, pedindo novamente ao Goberno central que dea “marcha atrás”, cunha rectificación total ante un proxecto de lei que establece unha presunción de fraude sobre os herdeiros, afirmou este mércores o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a clausura da XXI Asemblea xeral de socios da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF). Ademais reiterou que os gobernos non poden poñer dificultades e obstáculos ao emprendemento, senón que deben apoialo e facilitalo. E, con este obxectivo, recordou que o Executivo galego segue xestionando de modo responsable e mantendo unha ratio de débeda entre as máis baixas de España; ademais de apoiar ao tecido produtivo, pagando en tempo e forma aos 14.800 provedores da Administración autonómica -en 13,5 días de media, a metade do tempo que o conxunto das comunidades-.