Feijóo afirma que vai facer un novo hospital en Carballo

«Toñito» seguidor incondicional do líder popular exibe un cartel de apoio a Feijóo durante o mitin celebrado este domingo en Carballo.

Alberto Núñez Feijóo, candidato do PPdeG á reelección como presidente da Xunta de Galicia ofeceu un mitin ao aire libre a última hora deste domingo no espazo exterior axardinado do restaurante Punta del Este. Alcaldes populares, de Laracha, Coristanco, Laxe ou Cabana de Bergantiños, prestaron apoio coa súa asistencia ao acto.

Como anfitrións exerceron o candidato local a deputado, Rubén Lorenzo e o presidente provincial do partido e tambien candidato, Diego Calvo. Núñez Feijóo, no ámbito xeral, animou aos presentes a non deixar a Galicia en mans dun «experimento político» de varios partidos, polo que pediu dedicar 15 minutos a ir votar polo PP o vindeiro domingo.

Como proxectos importantes para Carballo, se é reelixido presidente da Xunta de Galicia, Feijóo destacou a circunvalación –en proxecto construtivo-, a renovación dos colexios como o Nétoma Razo, o Fogar ou o Parga Pondal e a creación dun novo hospital en Carballo. Como logros conseguidos Feijóo citou a 560 familias que cobran a lei de dependencia en Carballo, dúas escolas infantís construídas, a autovía Costa da Morte – en tempos de crises- e un pouco máis ao sur, o Parador de Muxía, que aínda que o inauguraron os socialista fixémolo nós, dixo.

Sinal emitida por streaming polo PP.
Varios alcaldes da comarca apoiaron a Núñez Feijóo coa súa presenza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha