Feijóo anima aos concellos a conceder licenzas exprés para atraer investimentos á Comunidade

Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo referiuse, deste xeito, á Lei de simplificación administrativa e reactivación económica que, baixo a previsión de que o Parlamento a aprobe no mes de febreiro, terá como obxectivo fundamental a simplificación dos procesos administrativos para, garantindo a seguridade xurídica, mandar unha mensaxe de confianza aos inversores e de competitividade da economía.

“Estamos a falar de cambiar a cultura administrativa, eliminar as trabas burocráticas e acompañar ás empresas nas súas iniciativas”, dixo, incidindo en que con este texto intensificarase a simplificación administrativa, outorgando por regra xeral un prazo de 3 meses para emitir informes da Xunta; e ampliaranse os supostos para declarar proxectos estratéxicos.

Así mesmo, esta nova lei recollerá tamén un proceso máis áxil para as autorizacións administrativas de instalacións eléctricas; e a consolidación dos beneficios fiscais para zonas rurais.

Por outra banda, e co obxectivo de apoiar os investimentos, créase a Oficina Reactiva Galicia, unha oficina que actuará de xanela única, realizando un seguimento dos trámites dun proxecto, sexan da Xunta ou dun concello adherido. Dentro deste organismo inclúese o servizo Doing Business e a ferramenta Igape Responde, para aclarar dúbidas e informar sobre convocatorias e axudas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha