Feijóo anuncia en Cabana 34 millóns de euros en axudas en materia de vivenda

O presidente da Xunta percorreu na mañá deste luns a senda peonil de Cabana de Bergantiños e as obras de rehabilitación das antigas vivendas de mestres para vivendas de aluguer, Feijóo, avanzou a convocatoria no primeiro trimestre de 2020 de todos os programas e liñas de actuación en materia de vivenda, por valor de máis de 34 millóns de euros e que beneficiarán a 6.000 familias. A contía supón un incremento dun 11% con respecto á de 2019.

Intervención de Núñez Feijóo en Cabana de Bergantiños.

Esta mesma semana convocaranse as axudas dirixidas á adquisición de vivenda, tanto para menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, como as que están destinadas a centros históricos. E, ao longo do mes de febreiro e marzo convocaranse as ordes de apoio á rehabilitación de vivendas, entre as que destacan o Rehaluga, ás Áreas de Rehabilitación Integral, o Programa de infravivenda, o Programa de vivendas de mestres e as axudas de promoción de vivendas para o alugueiro e para o alugueiro por persoas maiores e con discapacidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha