Feijóo anunciará ‘a partir do mércores’ se dá o paso a liderar o PP nacional

«A partir do mércores, que é o primeiro día en que se poden tomar decisións, anunciarei a miña posición», dixo Feijóo este luns. «Imos respectar os tempos do congreso e a lexitimidade da xunta directiva e a oportunidade de que calquera militante, dirixente ou afiliado do PP poida falar a partir do mércores, que é o primeiro día de prazo», explicou Feijóo aos xornalistas nun acto celebrado este luns en Vigo. Cabe lembrar que o congreso do PP celebrarase os días 2 e 3 de abril en Sevilla.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha