35
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que «Galicia vai ter o seu propio plan de vacinación contra a covid-19». Vaino ter, dixo, cando as vacinas que anuncia o Goberno central cheguen de xeito efectivo a Galicia, nese sentido o Sergas fará o que digan os profesionais, porque «quen vacina son os médicos, non os políticos». Feijóo garantiu que Galicia está «en disposición de vacinar á xente», porque dispón de «un excelente equipo» de profesionais.