Feijóo apela na súa mensaxe de fin de ano a “non caer no erro de pensar que todo acabou”


O presidente galego escolleu un escenario virtual para lanzar a súa tradicional mensaxe de fin de ano, lembrando a “aqueles galegos que nos dixeron adeus para sempre por culpa da pandemia e ás súas familias” nun ano en que “nin sequera puidemos despedirnos como nos gustaría”.