Feijóo arrincou en Cerdedo-Cotobade o que pode ser o seu camiño cara á Moncloa

1 minutes read

Alberto Núñez Feijóo inaugurou este sábado o curso político desde a localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade arroupado por líderes do partido como Díaz Ayuso, Moreno Bonilla ou López Miras, pero que non foron convidados a tomar a palabra desde o escenario. Feijóo pediulle a Pedro Sánchez que compareza no Senado para un cara a cara onde ambos poidan confrontar posturas sobre a situación que atravesa o país. Tamén houbo ofertas de diálogo pero só naqueles asuntos que están na axenda do PP: baixadas de impostos, redución de ministerios, un plan enerxético que protexa ás empresas enerxéticas ou un acordo sobre seguridade nacional, entre outras.