49
Alberto Núñez Feijóo deixou entrever a súa sintonía coa presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e mostrouse convencido de que fará unha «boa campaña» para presidir o PP madrileño, no congreso que se celebrará o 20 e 21 de maio. Feijóo arroupou a Ayuso no Día da Comunidad de Madrid, no que se deron un baño de masas. «O obxectivo da presidenta é ese, abrir unha nova etapa de ilusión e de igualdade. E unha nova etapa para baixar a tensión e a crispación na política española», dixo aos medios Feijóo, quen acudiu por primeira vez á cita do Dous de Maio como líder nacional do partido. Ayuso e Feijóo exhibiron unidade e complicidade, nun intento de pechar as feridas abertas pola crise interna.