Nun acto celebrado en Santiago de Compostela baixo o lema ‘Pola Igualdade dos españois’, o líder do PP insistiu en que a igualdade é a premisa baixo a que el está a negociar a súa investidura e, por iso, vai defender “custe o que nos custe, aínda que nos custe a Presidencia do Goberno de España”, matizou. Dixo que el aspira a presidir un Goberno de “todos os españois” e non “dunha elite política concreta” como prevé facer, aventurou, Pedro Sánchez, quen, ao seu parecer, está “sometido a unha chantaxe”. Ao seu xuízo, nestes momentos a Constitución está en risco “exclusivamente pola conveniencia persoal de Pedro Sánchez”, quen -dixo- está a facer cesións que non caben na Carta Magna e que levaron a “unha democracia madura” como a española a un “nivel de degradación moral” inédito en máis de catro décadas de democracia.
0