Feijóo asevera que o peche de Alcoa sería un “disparate industrial” para España

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reúnese co Comité de empresa de Alcoa. Casa do Mar de San Cibrao.

O presidente do executivo autonómico reuniuse xunto co vicepresidente segundo, Francisco, Conde, co comité de empresa de Alcoa, onde valorou a relación fluída que a Xunta mantén neste momento con Goberno central, destacando a unidade de acción entre administración e traballadores de Alcoa e aseverou que o peche desta fábrica sería un “disparate industrial” para España sen precedentes.
Feijóo lembrou que o obxectivo da Xunta neste asunto foi sempre o de buscar solucións, xa que a 45 euros/megavatio non se pode producir unha tonelada de aluminio, ao significar perdas constantes. “Temos que baixar o prezo da enerxía para facelo compatible coa produción de aluminio primario”, concluíu.