Feijóo avanzou en Carballo que a Xunta traballa nun novo Plan estratéxico da conserva

2 minutes read

Durante unha visita ás instalacións do grupo Calvo en Carballo, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta está a traballar nun novo Plan estratéxico da conserva para definir a folla de ruta do sector ata 2030, en eidos como a produción e comercialización, a innovación, o emprego, o medio ambiente e a normativa que afecta a esta industria. Garantiu o compromiso da Administración autonómica coa cadea mar-industria, reflectido tamén nunha nova convocatoria de axudas para que pemes do sector melloren os procesos de transformación e ás que se destinan 19 millóns de euros de orzamento.

Intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na planta de Conservas Calvo en Carballo.

Feijóo estivo acompañado pola plana maior da multinacional conserveira carballesa, así como da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Aseverou que as instalacións de Calvo confirman que a conserva galega segue a ter moi presente a dobre premisa que a levou a converterse nun dos sectores estratéxicos da economía de Galicia: respecto pola tradición sen renunciar á innovación e á modernización.

En alusións a Calvo, Feijóo subliñou que “estamos a falar dunha das grandes multinacionais galegas que fixo un redeseño integral do proceso de fabricación e transformación ata contar co que se pode definir como unha planta intelixente do atún, dotada do último en tecnoloxía que permitirá automatizar todo o proceso grazas á robotización, controlar en tempo real todas as operacións e corrixir calquera desviación a tempo”, recordando que, na actualidade, o grupo está presente en 69 países e xera máis de 5.000 empregos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?